O pintor arxentino Toto Zumpano, arquitecto de profesión e que hai 10 anos afincouse en Andalucía, expón parte da súa obra no local social Club de Tenis de Redes do 5 de febreiro ó 7 de marzo.
A inauguración da exposición terá lugar o vindeiro VENRES 5 de febreiro ás 19:30h.
Para máis información sobre a súa pintura pódese visitar o blog:
Ahí está, dende que abriron o camiño o pasado 30 de outubro de 2009, pendurado do ceo o empalme de comunicacións telefónicas que da acceso ós servizos de voz e datos de Mazaído, Curro e a saber cántos máis.
Os temporais fixeron que pendulease, os cables van cedendo máis e máis de xeito que está cada vez máis preto do chan.
Pero os afectados, ou dependentes deste artello, seguen tendo teléfono e internet, así que non teñen moito que decir ou motivo de queixa.
E agora qué?
Programarán a súa reubicación para que o corte sexa o máis breve posible ou esperarán a que un vehículo pase e o leve enganchado (e de paso cargue coas culpas... e a ver si tén seguro que o pague)?
Miragres da Sociedade da Información e as Comunicacións.
A pesares do anuncio a principios do 2009 e do pulo que podía supoñer o amparo do PlanE, a apertura do camiño das Pezoas a Curro non parece que vaia a facerse, pois os prazos de execución (3 meses di o cartel... contados dende cándo?) e o PlanE esgotaronse hai tempo.
Este camiño en realidade non existía como camiño público, para a súa apertura había que mercar os terreos.
Uns si, outros non, outros moito... que non houbo forma de executalo nun tempo e custe razoable. Outro galo cantaría si dende que se fala deste tema se tivese iniciado o trámite de expropiación, un procedemento que non vai ben coas presas.
Como cada inverno as praias sofren as consecuencias dos temporais de mar que chegan á nosa comunidade, e como se pode apreciar na foto, este é o estado no que quedaron as papeleiras que o concello colocou este verán en Sabadelle.
Por iso desde Caamouco net, nos gustaría lembrar que o coidado dos areais do municipio non debería de abarcar só a época estival, pois cun pequeno xesto, como a retirada das papeleiras no inverno, axudaríamos a preservar as nosas costas.
Parece que os veciños das primeiras casas da rúa Nova téñeno complicado para saír á rúa.
As obras deixáronos cun panorama nada agradable, tendo que facer grandes filigranas a través de pasarelas nada estables para poder facer a súa vida diaria.
Para o resto de veciños da mesma rúa o peor aínda non lles chegou, e de momento os inconvenientes que sofren son os cortes de auga sen previo aviso e o novo percorrido, pois agora teñen que subir até o Caleixón e baixar pola outra rúa.
A un quilómetro da fronteira de Honduras facía incursións a contra nicaraguense (tropas armadas por Ronald Reagan e axudadas pola C.I.A), enfrontábanse tódolos días ós sandinistas revolucionarios que gobernaban o país.
Os concertos de armas soaban de noite con moita frecuencia, os M-16 facían de tenores, os Kalashnikov de sopranos, e os músicos dun e doutro lado eran todos irmáns. A setecentos metros deste auditorio infernal os sandinistas construíron outro, que non por estar máis lonxe da fronte deixaba de ser inferno tamén; era o Hospital de Pantasma, así se chamaba.
A ría de Ares-Betanzos podería competir coas Rías Baixas como produtora de mexillón, polo menos no que se refire ás súas condicións naturais. Esa é unha das conclusións dun estudo realizado polo Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC), que analizou o cultivo deste molusco na zona durante os últimos catro anos.
Segundo as conclusións da investigación, difundidas onte polo CSIC, a ría de Ares-Betanzos ten unha produtividade por metro cadrado similar á observada nas Rías Baixas, a pesar de ter unha maior dependencia de aportes fluviais e de afloramento. As rías do Sur de Galicia concentran na actualidade a maior parte de produción de mexillón da comunidade autónoma.
El Open de Navidad de tenis y de pádel que se ha venido celebrando durante las vacaciones navideñas en el club de tenis Redes finalizó en la jornada de ayer con la disputa de los títulos.
La primera de las finales que se celebró fue la de tenis femenino, en la que se midieron Carolina Martínez y María Sicre, venciendo la primera por un marcador de 7-6 y 6-4, con lo que el triunfo se quedaba en el club anfitrión, al igual que el masculino, ya que César Vilasánchez derrotó con suma facilidad a Fernando de Pablos por 6-2 y 6-4.
Hoxe á mañán, dous días despóis, xa funciona o teléfono e internet a través da rede de cableado de Telefónica. A cousa comenzou pouco antes das 10:00h do día 29/12/2009 e, despóis de breves espazos de conexión parece que a cousa xa se estabiliza.
Por informacións obtidas por CaamoucoNet a cousa comenzou por unha grúa que anda nas obras entre San Xoán e a Gallada, que rompeu un cable do tendido. A cousa debeu ser ben gorda porque deixou incomunicados ós que dependemos da centraliña do Lodairo (gran parte de Caamouco, San Xoán, O Seixo, A Gallada).
A reparación ó parecer realizouse nun tempo razoable. Agora ben, a información ós abonados foi lamentable.
Dende hoxe á mañán gran parte de Caamouco está sin servizo de telefonía fixa.
Os problemas veñen á hora de avisar, que ten que ser no 1002, que só funciona dende o teléfono fixo (a ver quen chama si non hai liña) ou movistar (que non ten cobertura en Caamouco como está mandado). Dende vodafone, polo menos, non se pode chamar ó 1002 para dar o aviso. Eso si, ó 1004 para contratar cousas con Telefónica, sin problema ningún.
Anda por Caamouco buscando primos. Onte estaba por Curmá, e intentouno. Consultado o distribuidor local, confirmou que non se están facendo revisións por esta zona.
O ínclito aproxímase ó lugar falando por teléfono, supostamente con outro, facendose oir acerca de si hai que revisar por unha zona ou non. Moito ollo!.
De cumprirse as expectativas de participación, a Agrupación Instrutiva celebrará en breve un Curso de Informática Básica, que será impartido por un mestre especializado. A Tenencia necesita saber cantas persoas se inscribirán, pois para este curso é necesario que a AIC adquira novos ordenadores e material. De haber un mínimo de interesados o curso impartiríase dous días á semana en horario de tarde. Polo tanto, todos os interesados no curso deberán deixar no buzón da Escola o seu nome e teléfono, indicando "Curso Informática" ou tamén chamando ó 676725201 antes do 1 de xaneiro.