Ataque Pirata a Río Castro

Será o vindeiro 21 de Agosto. O programa, aproximado porque son piratas, é o seguinte:

* Mediodía: sesión vermout.

* 17:00: asemblea pirata para planificación e desplanificación do asalto.

* 18:00: saída en banda tropel desorganizado para invadir, escangallar e tomar un algo en Río Castro. Si se deixan, liberar ó prisioneiro e capturar algún RíoCastrexo en represalia.

* 21:00: churrascada no Pedregal, sin veícalos. Como músicos Carlos Rey e El viejo Caracol.

* máis tarde: reparto de botín e máis festa.

 
Sospeitase que os vikingos atacarán Redes o 31 de Xullo.

Andan reclutando persoal por toda a volta, incluso creese que hai unha quinta columna disposta a sumarse ás súas filas. Estase cociñando en Río Castro unha marea de invasores coas suas camisetas vermellas que, por terra e por mar, invadirán Redes para acabar co suministro e secuestrar a algún incauto. Quén será?

 
Cine no Pedregal: El Lince Perdido

O vindeiro Xoves 29 de Xullo ás 22:00 horas proxectarase na renovada Praza do Pedregal a película "El Lince Perdido".

Esta actividade encádrase na XX Edición das Noites de Cine, programa da Deputación da Coruña xestionado cos Concellos e que leva a cabo a produtora galega IBCinema.

A película, da productora Perro Verde e dirixida por Kandor Moon, gañou varios premios, entre os que destacan o Goya á Mellor Película de Animación do 2008, e conta a historia do lince Félix que, axudado polo camaleón Gus (de camuflaxe avariado), escapan do malvado Noé, que quere sacalos do centro de recuperación para facer a súa particular arca a base de malas artes. Hai máis animáis e historias, pero mellor ir a vela, que promete!.

 
Aposta por un!!

O día 23 de Xullo celebraranse os desafíos de vela tradicional. Novamente haberá tres: os "especiais" de sempre, Sauntress e Abur, pero tamén os Ribadeos, que este ano pode que veña algún máis a intentar demostrar algo ó Trebón e ó Masmadera (a ver si é que non), e os máis clásicos de Vela Latina, o Mariñán e o Okeechobe.

<= Fai a túa predición a través de CaamoucoNet.

 
Felipop 2010
XOVES 5 AGOSTO
LOS RUÍNES (Cerdido)

VENRES 6 AGOSTO
COLLECTION (Madrid)
COLATONIC (Madrid)
LES PHILIPPES (Sant Boi de Llobregat)
SÁBADO 7 AGOSTO
COOPER (León)
Venres: 15 euros
Sábado e abono: 20 euros

 
Festa do Carme

ACTOS PROGRAMADOS

08:00 Saúdo coas tradicionais bombas de palenque.

09:00 Alborada e percorrido pola Parroquia do grupo de gaitas Retrincos.

14:00 Pezas do xantar arrufadas pola orquesta NUEVA MODA

18:00 Misa Solemne na honra da Virxe do Carme, cantada polo CORO PARROQUIAL. A continuación PROCESIÓN MARÍTIMA pola ría, xunto coa de Pontedeume.

A procesión irá acompañada da Agrupación Musical "Virgen de la Amargura" e o embarque estará precedido da Salve Mariñeira cantada pola Rondalla Trovadores de Ares.

23:00 Gran Verbena arrufada pola orquesta NUEVA MODA.

Ver o CARTEL

A Comisión de Festas agradece a colaboración prestada por Comerciantes e Veciños

 
Martes 25 de Maio. Voto de Chanteiro.


Os Concellos de Ares e Mugardos organizan conxuntamente o Voto de Chanteiro, que terá lugar o vindeiro martes 25 de Maio.

Para aqueles que queiran acudir saldrá un autobús ás 10:30 do Pedregal, pasando logo polas Pezoas e Seselle. Ollo: pode que chova.

A volta está prevista para as 19:00.

Máis Información

 
Entre Dúas Rías 2010 (BTT) 12 e 13 de Xuño


Os Concellos de Ares e Mugardos, xunto coa Asociación Bimares e o Club Ciclista Ferrol convidan a participar na EDR2010 para BTT (Bicicleta Todo Terreo), para o fin de semana do 12 e 13 de Xuño. Os eventos son:

  • 12/06/2010 09:00 Baixamos Montefaro. Dende Sta. Catalina.
  • 12/06/2010 16:00 1ª EDR Feminina. Dende o Pavillón Polideportivo de Mugardos.
  • 13/06/2010 09:00 EDR 2010. Dende o Pavillón Polideportivo de Ares.

Para máis información pincha eiquí

(rotas, equipo de seguridade, inscrición...)


 
CaamoucoNet nas Redes Sociais

Pois si, agora en CaamoucoNet apuntamonos ás redes sociais, en concreto xa temos unha conta no FaceBook con máis de 30 amigos. Toda unha sorpresa para o arranque, esperamos que siga subindo. Alguns deles os podedes ver na caixa esa que está na barra da dereita da portada.

Si estás no feisbuk e queres apuntarte, non tés máis que facerte "seareiro" na nosa páxina ou, tendoo aberto, pinchar no botonciño que sae na cabeceira das fotos.

Ler máis...
 
III Camiñares. Camiño Inglés Ares-Santiago

A Asociación Recreativa BIMARES organiza, en etapas distribuidas ó longo de catro etapas dun día en fins de semana de abril e maio, a ruta dende Ares ata Compostela. Conta coa colaboración do Concello de Ares e da Diputación.

Ligazóns: (Info da Ruta) (Cotas e Inscricións) (Formulario para apuntarse) (Cartel)


 
Cotizacións de produtos locais

Acelgas 1,50 €/Kg
Berzas para caldo 0,60 €/manoxo
Cebolas 1,50 €/Kg
Grelos 1,00 €/Kg
Laranxas 0,50 €/Kg
Leitugas 0,70 €/ud
Limós 1,20 €/Kg
Mel 6,00 €/tarro 800g
Noces 3,00 €/Kg
Ovos 2,80 €/ducia
Pataca (grande) 0,75 €/Kg
Pataca (mediana) 0,60 €/Kg
Pataca (pequena) 0,50 €/Kg
Xenos 1,00 €/mada


* Cotizacións medias obtidas por canles informais da Praza do Mercado de Ares.

** CaamoucoNet intenta reflexar a información máis precisa posible, e ofrece esta sección só a título informativo e non se fai responsable dos usos que dela poidan facerse.

 
Novo: Axenda de Eventos e Actividades

Agora en CaamoucoNet pódense consultar os horarios dos cursos, exposicións, conferencias, ceas... e outros eventos dos que teñamos constancia.
Por suxerencia da Agrupación Instructiva de Caamouco (entidade asociada a CaamoucoNet), incorporouse a sua axenda de actos e actividades, que pode ser consultada nas súas páxinas. Pero ademáis tamén contamos con axendas para cada unha das Sociedades Deportivas e Culturais, tamén asociadas, e outras que poideran organizarse no noso entorno.
No menú da esquerda comprobaredes que está a nova opción de AXENDA, no que aparece a programación combinada de canto se nos achega a través da ferramenta de calendarios de Google.

 

O Fotoblog xa ten máis de 6000 imaxes!!

GRACIAS: a quen nolas cede para compartilas con tódolos visitantes de Caamouco.Net.

 
Novo album: Regata de windsurf no Raso


 
Novo Video: Redes. Un día entre o mar e a terra.

Composición fotográfica recomendada, do noso veciño Javier R. Accede ó video >>>

 
Novo Video: Entrevista a Quinin (1995)

Video feito por Ernesto López Naveiras, agora en Caamouco.Net. Accede ó video >>>

 
Novo Video: Andaina no Teixedal de Casaio

Accede ó vídeo >>>>

 
Sábado 17 outubro, botadura do "Bote de Pao"

Segundo previsto será no peirao de Ferrol o Sábado 17 de outubro, a botadura desta preciosa embarcación da que podedes ver toda a súa historia na seguinte ligazón.

 
Escolas Deportivas e Culturais Municipais 2009-2010
O cartel
Aberto o prazo de inscripción, para máis información acudide á páxina do Concello de Ares, onde está a información nesta ligazón.

Enlace ó tríptico.

En Caamouco só se imparte a actividade de Ximnasia, pero no tríptico pódense atopar moitas outras actividades, dende informática, baile, danza do ventre, fútbol, vela, arco, teatro, ingles, encadernación... Para unha información completa de posibilidades, prezos, descontos, consulta o tríptico ou consulta no Concello.

 
Novo en Caamouco.Net: Estatísticas.

Está instalado o servicio de Estatísticas, actualizase cada 20 minutos automáticamente.

Para "ver" correctamente os resultados das horas hai que ter en conta a hora do servidor, ou sexa, que ás horas que menciona hai que sumarlle 9. Esto tamén aplica na contabilidade diaria, que vai de 9:00 dun día a 9:00 do seguinte.

 
8 de Outubro: seminario sobre gobernanza do litoral

Na Fundación Pedro Barrié del Maza, A Coruña, terá lugar este seminario promovido polo Observatorio do Litoral, que contará coa participación de destacados expertos de nivel internacional.

É gratuito pero faise necesaria a inscrición, que se pode realizar ata o 5 de outubro.

Pincha nesta ligazón para aceder ao pdf do seminario.

 
Fotoblog: Novos Albumes. Parrocheira e Ares 2009.




 
Fotoblog: Novo Album. Invasión de Río Castro 2009







 
Fotoblog: Novo Album. Travesía en Kaiak de Mar 2009







 
Colabora con Caamouco.NET
 

Caamouco.net faise coa colaboración dun montón de veciños e amigos que aportan novas, contidos, fotografías, e que fan deste o noso espazo na internet. Para enterarnos do que pasa en Caamouco, para ver o que pasou, para entreternos, tanto para os que vivimos aquí como para aqueles que dende a morriña teñen esta pequena fiestra para ollar a terra que queren.

Debido a multitude de actividades que se realizaron nestas datas e que non podemos estar en todas partes, nos gustaría ter imaxes, vídeos, etc das diferentes actividades... Se tes fotos do desembarco vikingo, do ataque pirata, das obras teatrais, das competicións de tenis, de todo o que sexa que ocorrera neste verán tan movido de Caamouco.  Ponte en contacto con Nós para canalizar esa información nesta a páxina de tod@s en Caamouco.

Click aquí para contactar.

 
O ataque a Río Castro e as Mareas Vivas

O día 22 de Agosto é a data sinalada para o contraataque dos Piratas no 2009, pero coincide ademáis con unha das mareas máis fortes do ano. Esta mañán poidemos comprobar os seus efectos, que o sábado serán ainda maiores, non tanto polo baixo como polo alto que resultará. A rampa tan descuberta pode ter algo que ver con toda a area que se botou na Area Morta despóis das obras, e que afecta polo tanto a fondeos e atraques.

Mareas para hoxe e mañán e imaxe da webcam na repunta da baixa. (hora local, fonte: Meteogalicia)

21/08/2009
   Hora Altura
Preamar 05:32 4,10
Baixamar 11:33 0,42
Preamar 17:48 4,45
-- -- --
 
22/08/2009
   Hora Altura
Baixamar 00:04 0,29
Preamar 06:14 4,15
Baixamar 12:15 0,39
Preamar 18:31 4,42
 
 
Contraataque a Río Castro

 

Terá lugar Sábado 22 de Agosto, coa intención de achegarse á praia de Almieiras, ben en artellos frotantes ou por terra para batirlles a retagarda. A intención é recuperar a Quique, o secuestrado, e de paso acabarlles coa cervexa e a ver si algún incauto dos deles se deixa coller.

Unha vez conseguido, churrasco no Pedregal.

Número de Piratas (17/08/2009): 540

(Perdón pola falla de máis detalles, estes piratas queren manter o factor sorpresa)

 
Noite de Cine en Redes
 

Xoves 13 de Agosto 22:00 horas. Praza do Pedregal.

Dentro do programa "Noite de Cine" da Deputación da Coruña, e a través do Concello de Ares e da empresa IBCinema proxectarase a pelílula Pequeños Salvajes (90 min, 2006, USA, Wil Shriner), unha comedia familiar con tintes ecoloxistas e anti boom-inmobiliario, apta para tódolos públicos, con un grupo de rapaces intentando defender a poboación de curuxas.

Aproveitemos a ocasión para disfrutar dunha proxección no Pedregal no vran ... libre de carros.

A proxección trasladarase á Escola en caso de choiva.

 
 
XI Edición do Felipop

 

Os de Felicia xa van pola 11 edición, e este ano presentan un programa de concertos a precios populares, pois a entrada custa 15€ e por 20€ obtense o abono.

Para o VENRES 7 de agosto actuarán Roger de Flor, Os Azeitonas, Miss Black Emotion e Mamá.

O SABADO 8 serán The Puzzles, Zodiacs, J Teixi Band e Doctor Explosión.

Como concertos de apertura e peche, en CASA ARDÁ, o XOVES 6 actuará a banda BANG74, de Ferrol, e o DOMINGO 9, THE PUZZLES de Santander.

Ademáis, durante toda a semana haberá actividades como talleres infantís e actuacións de maxia.

Pincha na imaxe ou aquí para ter información máis completa.

 
FotoBlog: Novos albumes da VII Regata de Embarcacións Tradicionais

Xa están no fotoblog catro albumes con fotos do evento. Pincha nas imaxes ou no titulo para acceder a cada un deles.





Desafíos
Festa da Cabria
Barcos e Navegantes
En Terra
 
Inscripcións do 20 ó 31 de Xullo. Para máis información pincha na imaxe.
 
 
« InicioAnterior123SeguinteFinal »

Páxina 1 de 3