CAA-Caamouco Verde
Singularidade vexetal da Solaina

O pasado 25 de maio facíamos referencia nesta páxina dun exemplar dunha árbore do paraíso que se atopa na Solaina, e hoxe temos que facer referencia a outra maravilla do reino vexetal que se amosa neste mesmo lugar. Trátase dun Jacarandá (Jacaranda mimosifolia).

Chámáronlle Jacarandá pola voz guaraní empregada en canto a súa  orixe suramericana e mimosifolia polo parecido das súas follas coa acacia mimosa.

A beleza e espectacularidade da súa floración queda ben patente nas fotografias que se xuntan, pero o máis impactante é apreciala de preto, xa que a luminosidade que emana, o exotismo e as cores azuis que presenta ó natural, deixan a un gratamente abraiado, e moito máis en días soleados... é que na Solaina fai un sol de ...!

Ler máis...
 
O Paraíso está... na Solaina!!

Polo menos a árbore, eso é o que afirma o dono desta que está na Solaina, e que despóis de máis de trece anos de vir da Arxentina regala ós paseantes co seu arrecendo que lembra o das lilas.

Trátase dun Melia Azedarach, e en Arxentina coñécese como "paraíso sombrilla" ou "árbore do paraíso". En realidade a sua orixe é asiática, dándose ben ó pé do Himalaia ata 3000m de altitude e que foi exportada como árbore ornamental a Suráfrica e América no século XIX. (referencia).

Tolera as xiadas con tal de ter un vran con algo de calor, e prefire chans ácidos... por eso se da tan ben en Galicia.

As suas follas lembran ás do freixo, pero ainda así ten un porte máis elegante e o regalo das froles. O que probablemente o seu dono non sabe é que ten propiedades bioinsecticidas, anque seguramente xa o notou... esperemos que non se lle ocurra probar os froitos, pois conteñen un potentísimo veleno.

A todo esto, o de "árbore do paraíso" tamén é un nome que se atribúe a outra árbore, a Eleagnus Agustifolia, ou "Oliveira de Bohemia", que xa ten unha procedencia un pouco máis bíblica. (referencia).

Achegámonos á Solaina, comprobamos o arrecendo e disfrutamos un bo rato contemplando a rareza, escoitando as explicacións do dono... e facendo estas fotos que agora compartimos con vós.


 
Talan un Piñeiro de 50 anos na Praia da Campa, dentro do DPMT.


Non sabemos si esta actuación ten que ver coa Demarcación de Costas, que xa se veu por outra nova que andan a facer cousas por alí, ou cousas dun particular.

O que sí está claro é que uns piñeiros foron talados na zona da Campa (Seselle) e entre eles un de 50 anos que estaba dentro do Dominio Público Marítimo Terrestre, ahí si que Costas terá algo que decir.

Esperemos que esta actuación non leve o camiño do que están facendo no Pinar da Magdalena, no veciño Concello de Cabanas, trazas leva.

Unha pena, o piñeiro quedaba ben bonito e daba unha sombra estupenda. Que mal lles faría?

Para os que se animen a comprobar a idade, adxuntamos a foto dos aneis.




 
Plantas Invasoras na praia da Campa


Non sabemos que entende a Demarcación de Costas, ou o Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño sobre plantas ornamentais invasoras, pero dende logo que si tal fixeron, segundo recolle unha nova publicada polo Diario de Ferrol da que nos facemos eco en CaamoucoNet, moita idea non levan.

Hoxe mesmo, ó ver a nova, achegámonos ata a Praia da Campa a ver o que fixeran. E o primeiro que atopamos son estas prantas... a moreas!!, que son ornamentais, pero de seguro que tamén exóticas e invasoras.

O que si observamos foi que quitaron os felgos que había preto do aparcamento, deixaron todo rapadiño. Invasores son, non cabe dúbida, pero a variedade que por alí prolifera non ten nada de exótico... e xa están brotando de novo.

O que sí contrasta, un pouquiño máis alá, son os eucaliptos, que a estas alturas xa non sabemos si son autóctonos ou non, dado o tempo que levan con nós xa empezan a ser familiares, a saber!. Eso si, o de invadir dáselles bastante ben.

(pinchando nas imaxes vense ampliadas)





 
Plantas invasoras


Ultimamente non paramos de ver na televisión a noticia da solta de vison en granxas de Galicia, este visón é o americano e esta causando graves danos nas especies autóctonas do noso territorio. Fóra de entrar en polemica sobre as granxas, e o tratamento destes animais, me gustaria falar un pouco do termo “especie invasora”, pois considero que moitos de nós non somos conscientes da gravidade do asunto e descoñecemos cales son invasoras e cales non.

Ler máis...
 
Nébeda

Hai uns dez anos, leendo "O lapis do carpinteiro" de Manuel Rivas, aparecía como un auténtico manxar a referencia das castañas perfumadas con nébeda.

Intrigado por tal delicia preguntei ós meus pais e contáronme que as vellas de Mazaído (polas tres irmáns Varela Rico: María, Aurora e Carmen) facían as castañas cocidas con anís e con nébeda, pero que non sabían que herba era esa.

¡Vaia! , resulta que xa non se lles podía ir a preguntar, sobre todo a Aurora, da que teño os mellores recordos das suas conversas, e que era a cociñeira, alquimista da guinda e o licor de follas só para visitas, e boa "contadora de contos"... si se lle preguntaba.

Resolto a atopar a misteriosa nébeda, ¿quén podería saber dela?.

Por referencias ben acertadas, fun falar con Herminia, Gelucha e Antonio quen, con un ¡vaia oh!  descubrironme o segredo desta pranta con fino aroma, que recorda ó da menta e o ourego, anque sin tantas estridencias.

Ler máis...
 
Reportaxe: A Xunqueira, os confíns de Caamouco

A Xunqueira é un espazo natural mesmo no límite de Caamouco coa vila de Ares, é un humidal no que recentemente o Concello levou a cabo unhas obras, iso sí, como podemos ver nas imaxes pendientes de innaugurar.

A obra consiste nun pequeno paseo de madeira que pasa entre as árbores e sin tocar o chan, por encima dunha zona húmeda e embarrada que tal e como rezan numerosos carteis o longo da obra é perigoso pisar xa que pode haber fochancas co conseguinte perigo de afondar nelas.

Conta tamén con dúas casetas que parecen ser de observación ornitolóxica, ideais para aqueles interesados en observalos paxaros que poidan andar por este paraxe pero, na nosa opinión, desacertadamente colocadas xa que dende elas o campo de xuncos hai que miralo entre un montón de frondosas plantas e árbores que seguramente no verán e en primaveira impidan poder observar con claridade as distintas especies de paxaros.

 

Ler máis...