
|
| Pois si, anque nos limites, Caamouco conta con unha farmacia, a Farmacia Freire. Ademáis dos servizos farmacéuticos conta con outra serie de productos que son habituais neste tipo de establecementos, como temas de hixiene corporal, bucodental. Ofrece ademáis consellos farmacéuticos, por esto de non caer na automedicación. Preto da Ponte da Ciscada, no N2 da Avenida de Redes. Tfno 981448029. |
|
 Durante o verán estará funcionando o Noitebús, en todas as noites do sábado ó domingo de Xullo, Agosto e Setembro. (Pincha en Ler Máis para ver os horarios). |
|
| | Anque Caamouco non está precisamente ben servido en transporte público, adxuntamos a información proporcionada pola compañía de autobuses Arriva dos servicios en activos dos que se pode facer uso. Para maior información consulta en Arriva |
|
| | O Supermercado Pedregal, preto da praza do mesmo nome, en Redes, avisa de que na tempada de inverno o seu horario de apertura é de 9:00 a 14:00 de luns a sábado, pechando os domingos e festivos ás 13:30. Famoso nos últimos tempos por ser o Ultramarinos-Bar e centro social de Louredo, atende agora co servicio de tenda de cercanías ós veciños de Redes, ainda que antiguamente si tivo esa configuración e os máis vellos recordamos os días de facer a ronda... a dous bares con varias voltas. |
|
| | O Café Bar Praia do Raso, (tfno 981460915) situado nas instalacións do Camping, ofrece o seu servicio de cafetería e de comidas caseiras durante todo o ano. Unha boa ocasión para disfrutar das vistas mentres se restaura dos agradables paseos pola praia. Avisan de que durante os meses de Decembro e Xaneiro o seu horario é de 12 a 18 horas de luns a venres, e os fins de semana abren a partires das 12:00 horas (por eso das ceas). |
|
| | Redes conta cunha carnicería que abre os Luns (salvo no iinverno) Mércores - Venres e Sábados en horario de mañá na plaza do Pedregal o carón do Bar O Peirao. Aquí podemos contar con diversidade de productos cárnicos, chourizos, etc. E un servizo moi a ter en conta para tódolos que vivimos perto e queremos ir a compra a pé. Tamén fai un pequeno percorrido pola mañá parando en diversas partes da estrada coñecidas polos veciños, en Seselle, no cruce de Carballás, nas Pezoas... Paradas o longo do percorrido dende Ares a Redes, un servizo do que teñen boa conta moitos veciños de Caamouco. |
|
|
|
|
|
|