Non hai que destrozar máis do necesario
Sábado, 27 Febreiro 2010


Estamos dacordo: para facer a tortilla hai que cascar os ovos. No caso das obras do Club Marítimo era recomendable tirar abaixo os eucaliptos, que ameazarían seriamente ás novas instalacións.

Como consecuencia de tirar os eucaliptos sufriron os carballos que aguantan da ribeira, non parece xusto pero pareceu unha consecuencia inevitable. Pero non vale todo!

O que sí foi evitable foron os castigos ós que someteron despóis a carballos e loureiros , xa que comprobamos que hai máis ramas esgalladas, cortes "polo pé" e despreocupación polo que lles poida suceder ás arbres da beira esquerda do camiño.

Pois ben, esa vexetación leva moitos anos aguantando da ribeira, si non se fai algo agora difícil será que sigan vivos no vran...

merecen unha atención, anque só sexa polo servicio que prestan.


 
Desniveis
Sábado, 27 Febreiro 2010



Ata metro e medio, eso é o que van atopando os veciños da Rúa Nova a medida que a obra vai pasando por diante da porta.

O alcantarillado e outros servizos requiren este socavamento, a ver si non quedan as casas tocadas con semellante furado. Polo de pronto parecen ben asentadas na "pena morta", o tempo o dirá.

 
Apurando
Sábado, 27 Febreiro 2010


Parece que hai presa, pois nesta mañán de sábado, cos de Protección Civil avisando do moito que pode vir á conta da "cicloxénese explosiva" esa, pois os do trebello para a EDAR que están facendo no Pedregal estaban fura que te fura.

Disque se vai poder usar o Pedregal para as Festas do Carme (do 2010), anque para daquela ainda non vai estar rematada de todo, e que as obras "van en prazo".

O caso é que no Pedregal xuntaronse duas cousas a un tempo, o da obra para a EDAR (que tremendo burato!!) e mais o do acondicionamento da fachada marítima de Redes. Non poderá empezar a segunda ata que remate a primeira.

Ir, irá en prazo, e apurar apuran, senón... de qué ían estar furando en sábado?


 
Camiño das Pezoas a Curro: vai ser que SI
Venres, 12 Febreiro 2010


Pois trabucámonos, hoxe as máquinas xa estaban traballando para abrir o camiño.

As xestións do Concello, e particularmente do Alcalde, conseguiron que fose posible a apertura deste camiño que creemos que beneficiará a todos, pois supón un importante atallo e vía para sortear o estreito vial entre Curmá e Mazaído e acceder dende as Pezoas con máis facilidade a Curro e ó Raso.

Ó cruzarse co que vai do Pombal a Mazaído abre outros enlaces e posibilidades, mellorando o acceso a leiras e vivendas.

Tal e como se pode apreciar "in situ" o camiño non vai ser moi ancho, por informacións obtidas por CaamoucoNet parece que vai quedar en catro metros, polo que probablemente quede establecido como unidireccional. Coas cousas de cesións, tira e levanta muros, volta daquí e dalá... é o que dou de si esta apertura.


 
Non debían medrar
Martes, 09 Febreiro 2010


Ese ere a o título de Manuel Loureiro Rey para un libro de relatos cortos, facendo referencia ós nenos.

No noso caso, pois atopamos nun recuncho de Caamouco esa cancela aberta, que ainda que estivera pechada non pecharía nada posto que alí está, dende hai anos, recomendando o punto de entrada.

Pero de tanto estar aberta a arbre medrou, colouse polo medio da reixa... e sigueu medrando. Agora cancela e arbre sonche a mesma cousa.

O dono seguro que tamén pensou o mesmo no de medrar... da vexetación.

 
Miragres da Sociedade das TIC
Domingo, 07 Febreiro 2010


Ahí está, dende que abriron o camiño o pasado 30 de outubro de 2009, pendurado do ceo o empalme de comunicacións telefónicas que da acceso ós servizos de voz e datos de Mazaído, Curro e a saber cántos máis.

Os temporais fixeron que pendulease, os cables van cedendo máis e máis de xeito que está cada vez máis preto do chan.

Pero os afectados, ou dependentes deste artello, seguen tendo teléfono e internet, así que non teñen moito que decir ou motivo de queixa.

E agora qué?

Programarán a súa reubicación para que o corte sexa o máis breve posible ou esperarán a que un vehículo pase e o leve enganchado (e de paso cargue coas culpas... e a ver si tén seguro que o pague)?

Miragres da Sociedade da Información e as Comunicacións.

 
Camiño das Pezoas a Curro: vai ser que non
Domingo, 07 Febreiro 2010


A pesares do anuncio a principios do 2009 e do pulo que podía supoñer o amparo do PlanE, a apertura do camiño das Pezoas a Curro non parece que vaia a facerse, pois os prazos de execución (3 meses di o cartel... contados dende cándo?) e o PlanE esgotaronse hai tempo.

Este camiño en realidade non existía como camiño público, para a súa apertura había que mercar os terreos.

Uns si, outros non, outros moito... que non houbo forma de executalo nun tempo e custe razoable. Outro galo cantaría si dende que se fala deste tema se tivese iniciado o trámite de expropiación, un procedemento que non vai ben coas presas.

 
As consecuencias dos temporais do inverno
Luns, 25 Xaneiro 2010


Como cada inverno as praias sofren as consecuencias dos temporais de mar que chegan á nosa comunidade, e como se pode apreciar na foto, este é o estado no que quedaron as papeleiras que o concello colocou este verán en Sabadelle.

Por iso desde Caamouco net, nos gustaría lembrar que o coidado dos areais do municipio non debería de abarcar só a época estival, pois cun pequeno xesto, como  a retirada das papeleiras no inverno, axudaríamos a preservar as nosas costas.

 
As complicacions dos veciños da rúa Nova
Luns, 25 Xaneiro 2010


Parece que os veciños das primeiras casas da rúa Nova téñeno complicado para saír á rúa.

As obras deixáronos cun panorama nada agradable, tendo que facer grandes filigranas a través de pasarelas nada estables para poder facer a súa vida diaria.

Para o resto de veciños da mesma rúa o peor aínda non lles chegou, e de momento os inconvenientes que sofren son os cortes de auga sen previo aviso e o novo percorrido, pois agora teñen que subir até o Caleixón e baixar pola outra rúa.

Esperemos que as obras acaben rápido.




 
Diario de Ferrol: A ría de Ares é tan produtiva coma as Rías Baixas para o cultivo de mexillón
Venres, 22 Xaneiro 2010

A investigación desenvolveuse na ría aresá durante os últimos catro anos csic A ría de Ares-Betanzos podería competir coas Rías Baixas como produtora de mexillón, polo menos no que se refire ás súas condicións naturais. Esa é unha das conclusións dun estudo realizado polo Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC), que analizou o cultivo deste molusco na zona durante os últimos catro anos.

Segundo as conclusións da investigación, difundidas onte polo CSIC, a ría de Ares-Betanzos ten unha produtividade por metro cadrado similar á observada nas Rías Baixas, a pesar de ter unha maior dependencia de aportes fluviais e de afloramento. As rías do Sur de Galicia concentran na actualidade a maior parte de produción de mexillón da comunidade autónoma.

Ler máis...
 
Avería dos teléfonos.
Xoves, 31 Decembro 2009

Hoxe á mañán, dous días despóis, xa funciona o teléfono e internet a través da rede de cableado de Telefónica. A cousa comenzou pouco antes das 10:00h do día 29/12/2009 e, despóis de breves espazos de conexión parece que a cousa xa se estabiliza.

Por informacións obtidas por CaamoucoNet a cousa comenzou por unha grúa que anda nas obras entre San Xoán e a Gallada, que rompeu un cable do tendido. A cousa debeu ser ben gorda porque deixou incomunicados ós que dependemos da centraliña do Lodairo (gran parte de Caamouco, San Xoán, O Seixo, A Gallada).

A reparación ó parecer realizouse nun tempo razoable. Agora ben, a información ós abonados foi lamentable.

 
Os castigos de telefónica.
Martes, 29 Decembro 2009
Dende hoxe á mañán gran parte de Caamouco está sin servizo de telefonía fixa.
Os problemas veñen á hora de avisar, que ten que ser no 1002, que só funciona dende o teléfono fixo (a ver quen chama si non hai liña) ou movistar (que non ten cobertura en Caamouco como está mandado). Dende vodafone, polo menos, non se pode chamar ó 1002 para dar o aviso. Eso si, ó 1004 para contratar cousas con Telefónica, sin problema ningún.
 
AVISO: FALSO revisor da instalación de gas.
Xoves, 24 Decembro 2009

Anda por Caamouco buscando primos. Onte estaba por Curmá, e intentouno. Consultado o distribuidor local, confirmou que non se están facendo revisións por esta zona.

O ínclito aproxímase ó lugar falando por teléfono, supostamente con outro, facendose oir acerca de si hai que revisar por unha zona ou non. Moito ollo!.

 
Pedrea na Lotería da AIC
Martes, 22 Decembro 2009

O número 50204, que xogaban os socios e amigos da Agrupación Instructiva de Caamouco este 22 de Decembro no sorteo da Lotería Nacional, resultou agraciado cun premio de 6€ por cada euro xogado.

Pola terminación do primeiro o 4, tócalle o reintegro, e por outra terminación dun terceiro, a 04, tocanlle 5x1. Noraboa ós agraciados.

Xa se poden facer efectivos os recibos na oficina de Ares de Caixa Galicia.

 
Pechou o Bar O Peirao
Martes, 01 Decembro 2009

Entre obras e inverno, a arrendataria considerou que non lle daba. Si ela o dí, así será. Unha pena que pechen negocios en Caamouco.

 
Vai de buratos
Martes, 01 Decembro 2009

A cousa das obras de momento, e salvo o tema do aparcadoiro, vai de buratos.

Buratos no Castillo (na terra e no corazón), buratiños na Rúa Nova, e burato no Pedregal, anque parece que a cousa do Pedregal ten máis que ver coa estación de bombeo para levar "todo eso" á EDAR de Chanteiro.

Estes días andaban polo Pedregal uns distintos "ós de López Cao", preocupados como instalar as canalizacións e sustituir acumulador e instalar, supoñemos, a nova estación de bombeo.

Así que un día destes tamén poderemos despedir ó "tubo da risa", que parece que xa empezaba coas suas bromas deixando regaliños no medio das amarras.

 
Galilea
Martes, 01 Decembro 2009

En Redes os vellos falaban de que había "galilea", un tipo de pedra oscura, algo pesada, dura como o demo e con trazas de óxido de ferro.  Parecese á pizarra na cor e que rompe formando superficies planas, anque non esfolla en láminas como aquela. Tamén é coñecida por todos aqueles que tiveron que facer algún pozo... e utilizar barrenos para abrir camiño.

A de xuramentos que terá botado algún cando tiña que enfrontarse a ela!

Pois ben, apareceu unha pequena canteira na excavación feita para a nova sede do Club Marítimo de Redes. As máquinas bouran nela para ila desfacendo pouco a pouco, e o traballo que da!. Polo menos haberá a tranquilidade de que o novo edificio asentarase sobre unha base ben sólida.

Por informacións obtidas por Caamouco.Net a pedra extraída das excavacións utilizarase nunha parte da escolleira, negra quedará, pero moi propia!.

 
Perfilase o aparcadoiro
Sábado, 21 Novembro 2009


As obras do aparcadoiro van avanzando. Xa se aprecian bordillos, isletas e zonas de aparcamento.
Polo que se ve parece que se vai entrar por un lado e logo sair polo outro. O caso é que lle vaian dando porque entre tanto axetreo non hai por onde moverse... e fai algo de falla.
 
Do local social do Club Marítimo de Redes
Sábado, 21 Novembro 2009


En poucos días vai desaparecer o vello edificio do local social do Club Marítimo de Redes. Farase un novo ó lado, máis bonito, acorde coas normas urbanísticas, de costas, e bendecido por arquitectos e autoridades varias.
Pois ben, o vello local sería feo, invadiría o dominio marítimo-terrestre ese, o conxunto hitórico-arquitectónico-patrimonial, estaría vello e todas esas cousas, pero o que ós de fora parecelles unha aberración, a moitos de Caamouco parecenos unha das más fermosas pezas da nosa historia.

Sabemos por qué se fixo, como se fixo, quén o fixo e o que logo fixemos gracias a él.
Sabemos o difícil que será repetir algo así.
Forma parte da vida de moitos ós que só nos queda este consolo pola sua demolición:
"CUMPLIU, VALEU A PENA"


 
Ultimas Horas do edificio do Club Marítimo de Redes
Sábado, 21 Novembro 2009


O vello edificio do Club Marítimo de Redes ten as horas contadas. As máquinas xa abriron un acceso para que se achegaran as máquinas que se utilizarán para a actuación.
Coas máquinas ás portas, hoxe un grupo de veciños colaborou en vaciar o edificio sacando os últimos enseres aproveitables, papeles, trofeos cheos de historia.,, de todo!
Máis no fotoblog, ... e atentos á webcam.
 
« InicioAnterior123456SeguinteFinal »

Páxina 1 de 6