|
Domingo, 07 Febreiro 2010 |

|
| Ahí está, dende que abriron o camiño o pasado 30 de outubro de 2009, pendurado do ceo o empalme de comunicacións telefónicas que da acceso ós servizos de voz e datos de Mazaído, Curro e a saber cántos máis. Os temporais fixeron que pendulease, os cables van cedendo máis e máis de xeito que está cada vez máis preto do chan. Pero os afectados, ou dependentes deste artello, seguen tendo teléfono e internet, así que non teñen moito que decir ou motivo de queixa. E agora qué? Programarán a súa reubicación para que o corte sexa o máis breve posible ou esperarán a que un vehículo pase e o leve enganchado (e de paso cargue coas culpas... e a ver si tén seguro que o pague)? Miragres da Sociedade da Información e as Comunicacións. |
|