|
Aínda faltaban tres anos para que o home chegara a lúa, cando uns homes de Redes saían por primeira vez de Galicia para participar no campionato de España de traiñeiras na fermosa baía de Santander. ¡Toda unha proeza para a nosa aldea!, pequeniña coma agora pero con moita máis actividade humana e mariñeira por aqueles tempos.
O periplo consistía en dúas fases e dúas naves. Unha nave era o autobús de Ramón de Ares (que en paz descanse) que tiña que transportar dezaseis motores humanos e a maiores portar unha segunda nave, a nosa traiñeira, ata ao Sardiñeiro. Coma en todo proxecto importante xurdiron problemas técnicos, a segunda nave tivo que quedar en Redes, polo tremendo peso que tiña, ¡Era coma un piñeiro!. Ainda así, o autobús tardou 27 horas en cruzar a atmosfera asturiana. |
|
Ler máis...
|
|
Como se pode comprobar no video, augas fecais e industriais que veñen dende o Polígono de Vilar do Colo e ás que se van sumando os distintos saneamentos dos lugares polos que pasa, saen libremente pola rebanqueira de Almieiras.
Non é que estas augas antes non acabaran na nosa ría, que si que ían a ela. O problema consiste en que o emisario submarino que disimulaba este verquido procedente do concello de Fene escachou hai algo máis dun mes porque estaba todo aturado.... e agora saen e cheiran por esta fermosa praia sin disimulo ningún.
A solución non está tanto en arranxar o emisario, que non é máis que un disimulo que evita os cheiros á xente toma os seus baños inconsciente do que sae un pouco máis alá, como en que rematen todas esas obras aquí e alá que permitirán a depuración coa EDAR.
Co da EDAR, a ver si fan o mesmo outros concellos que verten as suas augas na ría...
|
|
|
Nicaragua- Xuño 1988
A un quilómetro da fronteira de Honduras facía incursións a contra nicaraguense (tropas armadas por Ronald Reagan e axudadas pola C.I.A), enfrontábanse tódolos días ós sandinistas revolucionarios que gobernaban o país.
Os concertos de armas soaban de noite con moita frecuencia, os M-16 facían de tenores, os Kalashnikov de sopranos, e os músicos dun e doutro lado eran todos irmáns. A setecentos metros deste auditorio infernal os sandinistas construíron outro, que non por estar máis lonxe da fronte deixaba de ser inferno tamén; era o Hospital de Pantasma, así se chamaba.
|
|
Ler máis...
|
|
Escrito por Josu
|
|

Onte poiden tomar algo e mostrarlle o noso Pobo a parte de Mugardos, as vistas de Montefaro, etc,etc a dous amigos Cubanos. Un que xa veu para quedar porque ten un talento especial para a informática, Iván; outro que está sinxelamente de paso no seu deambular polo mundo que lle permite o seu traballo coma escritor e fotógrafo de artigos para unha revista Mexicana, Canek, que como curiosidade xenética e persoal, ainda que non lle gusta falar moito do tema, é o neto maior do Che Guevara. |
|
Ler máis...
|
|
Escrito por Xaquin Pita
|
|
Dende unha historia recente, os galegoas, que ben subimos ou baixamos pola Autopista do Atllantico, A6, soemos facer unha parada moi sinxela, en un lugar moi fermoso do Bierzo, a Veiga do Valcarce.
Nin preto nin lonxe da terra, ideal para estirar as pernas e comprar cereixas e embutidos. ¿Quén non se atopou alí algún amigo ou veciño, alguén coñecido da Bisbarra de Ferrol? Coño!, o mundo e un pañuelo. Non, o mundo é a Veiga do Valcarce. |
|
Ler máis...
|
|
Escrito por Josu
|
|
Localiza Todo. Com - Barcos - Avións - Etc
Un colaborador de Caamouco.net , Nicolás, comentoume hoxe a existencia de esta páxina. É moi interesante para calquera curioso. Utilizando o sistema de Mapas de Google Maps, pode localizar onde están os barcos na ría, os avións que chegan os aeroportos, etc,etc.... probade a desplegalas pestañas, probade a pinchar sobre os barcos, probade a localizar un barco concreto, facer zooms, etc.... non vos decepcionará. En tempo real localiza os barcos que andan por ahí. Moi interesante e curiosa páxina que fará as delicias de moitos curiosos. |
|
|
|
|
|